Moscova – Santiago de Compostela, un peregrino belga leva 96 días facendo o Camiño de Santiago
Werner van Zuylen, é un peregrino natural de Liege (Bélxica), leva 96 días facendo o Camiño de Santiago; empezou o día 15 do pasado mes de xullo na Praza Vermella, de Moscova.
Despois de cruzar Rusia, seguiu a Ruta por Bielorrusia, Polonia, República Checa e Alemaña; estando nestes momentos percorrendo Francia. Van Zuylen ten previsto chegar a Santiago de Compostela o día 24 de decembro de 2013, despois de camiñar 4.420 km.
Werner está a escribir un interesante blog de viaxe, no que nos narra as súas experiencias polas distintas cidades e países que cruza na súa peregrinación cara a Compostela, ilustrado cunhas espléndidas fotografías do Camiño por terras do norte de Europa.
Blog: http://mosaco.eu/