Os peregrinos que camiñen a Compostela terán por vez primeira o Seguro Xacobeo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o director xeral de Europ Assistance, Juan Carlos Guzmán, asinaron onte un convenio a través do que se poñerá en marcha o Seguro Xacobeo, un produto innovador consistente nun seguro de viaxe dirixido aos peregrinos que percorran o Camiño de Santiago a pé ou en bicicleta procedentes de calquera parte do mundo.
Nava Castro explicou que se trata dun seguro que se oferta aos peregrinos e que comprenderá dúas modalidades: camiñante e ciclista. A directora incidiu tamén en que o Camiño de Santiago é o produto estrela do Turismo galego. No que vai de ano, un total de 62.708 peregrinos procedentes de máis de cen países recolleron o seu documento acreditativo da peregrinación, un 11,5% máis que no mesmo período do ano pasado.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década