1/out/2012

Valença do Minho e Tui acolleron el pasado fin de semana o Fórum Peregrino

Entre o venres 28  e o domingo 30 de setembro celebrouse na eurocidade de Valença do Minho - Tui o Fórum Peregrino convocado pola asociación portuguesa Espaço Jacobeous. Na inauguración do encontro estiveron presentes autoridades e asociacións de ambos lados da fronteira, poñendo de relevo a estreita relación de colaboración que manteñen na xestión do Camiño Portugués.

A asociación Espaço Jacobeus mantén unha intensa programación en numerosas cidades e rexións de Portugal, con membros moi activos que traballan en Viana do Castelo, Barcelos, Braga, Oporto, etc. Realizando unha labor de gran importancia para os Camiños de Santiago en Portugal. Xunto aos seus membros participou na organización a galega Cofradía de Santiago Iacobus de Tui, unha asociación nova e moi activa que intenta reforzar o máis posible o traballo entre Galicia e Portugal ao redor do Camiño.

Os debates centráronse nos temas máis actuais da peregrinación a Santiago: a importancia do Camiño como itinerario cultural, a cidade de Compostela como meta, as motivacións dos peregrinos, a hospitalidade, a credencial, etc. Aportando importantes conclusións de gran utilidade para comprender a problemática do Camiño vista desde a óptica dos peregrinos.