A eurodiputada lituana Laima Andrikiene edita un libro sobre o Camiño de Santiago
O eurodiputado Francisco Millán Mon, felicitou á eurodiputada lituana Laima Andrikiene pola publicación da obra "La luz del Camino de Santiago" dedicado ó Camiño de Santiago en Lituania e as igrexas do país báltico consagradas ó Apóstol Santiago.
Para Francisco Millán Mon, a publicación da obra constitúe unha magnífica noticia e unha "proba máis da vitalidade que o Camiño a Santiago recobrou en Europa nos últimos anos", en especial, nos países do Centro e Este do continente, trala caída do Muro de Berlín e a recuperación das liberdades.
A obra, de carácter colectivo, conta, entre outras contribucións, cunha introducción de Millán Mon titulada "Os Camiños de Santiago como símbolo da Unión Europea de hoxe". Tamén o ex-Ministro de Asuntos Exteriores, Marcelino Oreja, colabora cun texto no que, entre outras cousas, evoca o impulso decisivo que como Secretario Xeral do Consello de Europa proporcionou á Declaración en 1987 dos Camiños de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
Ademais dunha aportación da propia Laima Andrikiene que é tamén membro destacado do Intergrupo do Parlamento Europeo "Los Caminos de Santiago", que conta con máis de 60 eurodiputados de diferentes países e grupos políticos.