8/ago/2012

A asociación de amigos do Camiño de Santiago en Xapón peregrina ata Compostela para apoiar ás rexións danminificadas

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, entidade que colabora no proxecto, recibiron onte na compostelá Praza do Obradoiro aos integrantes da peregrinación organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón cuxo obxectivo é apoiar ás rexións damnificadas polo terremoto e o tsunami do 11 de marzo de 2011 no país asiático.

Este proxecto consistiu en convidar a mozos das rexións máis danadas por esta catástrofe natural a peregrinar polo Camiño de Santiago. Trátase de mozos que xa remataron os seus estudos e que sufriron directamente as consecuencias do maremoto na zona de Kesen-numa, unha zona moi similar a Galicia, con rías e unha importante industria de cultivo de ostras e vieiras, industria que quedou totalmente destruída ao paso do tsunami.