16/abr/2012

Patinando o Camiño: de Roncesvalles a Santiago, en patíns

Patinando o Camiño é un proxecto audiovisual no que Anuska Gil percorrerá en patíns o Camiño desde Roncesvalles a Santiago de Compostela, homenaxeando a mulleres que destacan pola súa solidariedade e labor humanitario. O traxecto realizarase durante o mes de maio en 29 etapas e ao chegar a Santiago entregarase ao Apóstolo unha “capa” confeccionada coas diferentes achegas das persoas que se atopen no camiño, como símbolo de unión.

Este proxecto xorde da vontade, en tempos de crises, de dar unha visión optimista do mundo e foi posto en marcha en tan só tres meses co esforzo dos seus creadores. Este reto é unha idea de Anuska Gil, realizadora audiovisual e patinadora, en colaboración co recoñecido guionista e director de Ars-Media, Valentín Fernández-Tubau e a xornalista e guionista Laura Bermejo. O proxecto tamén conta con Paulino Nohales, realizador e editor. 

Para seguir de preto este reto ou sumarse á aventura:

Facebook: http://www.facebook.com/patinandoelcamino
Twitter: Patinando el Camino (@PatinandoCamino)
Web: www.patinandoelcamino.com
E-mail: patinandoelcamino@gmail.com