Goberno de España, Xunta, Concello e Catedral firman un protocolo para a restauración integral da Catedral de Santiago
O Goberno de España destinará un total de 17 millóns de euros ás obras de restauración e conservación da Catedral de Santiago incluídas no seu Plan Director, co obxectivo de frear a súa deterioración e para poñela a punto de cara ao próximo Ano Santo.
Este protocolo, que deberá concretarse en convenios futuros, pon a disposición da Fundación Catedral 17 millóns de euros que poderán utilizar até o final da vixencia do Plan Director, no próximo Ano Santo 2021. Con este montante, sumado ás achegas xa realizadas por distintas entidades, o investimento nas actuacións recollidas no Plan Director da basílica superará os 25 millóns de euros, dos 30 que se consideraron inicialmente necesarios.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés