Xosé Merelles destaca o papel clave da Academia Xacobea na preparación do vindeiro Ano Santo 2027
- Puxo en valor o coñecemento interdisciplinar para seguir potenciando a alianza de Galicia co resto de Europa
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2022
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta tarde no acto oficial de apertura do curso 2026 da Academia Xacobea, onde salientou o traballo constante e clave da entidade no estudo, promoción e difusión do fenómeno xacobeo especialmente este ano, “antesala do vindeiro Ano Santo Compostelán e da celebración do Xacobeo 2027”.
Xosé Merelles subliñou a importancia do coñecemento interdisciplinar como un instrumento para “seguir unindo a Galicia dos camiños de Santiago co resto de Europa”, e no caso da Academia Xacobea para “resaltar a importancia da cultura xacobea en aspectos tan relevantes como o ensaio académico, a literatura e a arte”.
Así, referiuse aos encontros, debates e publicacións que promove a Academia Xacobea como “oportunidades ben aproveitadas para resaltar unha historia cultural, a xacobea, cun enorme potencial civilizador”.
Neste sentido, puxo o acento na colaboración da Academia coas universidades galegas, así como coa sociedade civil, as asociacións de amigos do Camiño e a Igrexa de Santiago.
Finalmente, o director de Turismo de Galicia tamén aludiu á transformación social derivada do fenómeno xacobeo que coa “chegada anual de centos de milleiros de peregrinos fortalece os valores derivados del e promove tamén un venturoso desenvolvemento sostible en vilas, aldeas e cidades”.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado