A Xunta lembra aos peregrinos que todos os Camiños permanecen abertos e completamente transitables.
Turismo de Galicia destaca que o Camiño de Santiago está en boas condicións de accesibilidade e seguridade, e recorda tamén que os danos derivados dos incendios nalgunha sinalización non diminuíron nunca a claridade grazas ao material pétreo das mouteiras.
Todos os trazados do Camiño de Santiago mantivéronse desde o comezo dos incendios en bo estado e completamente transitables.
Toda a información actualizada relativa ao Camiño pode ser consultada nas redes oficiais do Camiño de Santiago en Galicia (@camino_xacobeo)
Outras novas
-
Fri Oct 16 12:00:00 CEST 2026
A Xunta impulsa a Cátedra do Camiño coa USC para reforzar a investigación e a formación cara ao Xacobeo 2027