Turismo de Galicia organiza unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o novo albergue de peregrinos ao tecido social de Vilagarcía de Arousa
- Será este xoves, 10 de xullo, a partir das 17,00 horas e terá lugar un percorrido polas instalacións que suman 30 prazas á Rede pública do Xacobeo
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
Turismo de Galicia vén de organizar unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o novo albergue da Rede Pública do Xacobeo de Carril ‘Andrés Fernández García’ á sociedade e veciñanza de Vilagarcía de Arousa. Esta terá lugar o vindeiro xoves a partir das 17,00 horas e contará coa asistencia do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. Están convidados os axentes sociais máis representativos do concello ademais do público que se queira achegar esa tarde.
O Albergue de Peregrinos en Vilagarcía de Arousa abriu as súas portas o pasado 1 de xullo, sendo o primeiro albergue público do Xacobeo na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.
As instalacións contan con 30 prazas distribuídas en cinco dormitorios e que se suman aos 78 existentes en toda a rede xacobea. O inmoble foi cedido polo Concello de Vilagarcía de Arousa o pasado mes de marzo e foi necesario dotalo de material e dar de alta os distintos servizos para a súa posta en funcionamento.
Con este novo albergue, son xa 79 os que forman parte da Rede Pública de Albergues do Xacobeo que suman en total 3.353 prazas en toda Galicia.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño