Rueda enxalza o estreitamento da relación de Galicia con Melilla coa colocación dunha mouteira do Camiño de Santiago
- O presidente participou nos actos de celebración do 250º aniversario do levantamento do Sitio da cidade autónoma
- Apela aos elementos comúns entre ambas rexións e convida a manter a máxima colaboración entre administracións
- Sinala a importancia dun desenvolvemento turístico ordenado e de aprender das experiencias turísticas doutras rexións
Melilla, 19 de marzo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe o estreitamento da relación de Galicia con Melilla coa colocación dunha mouteira do Camiño de Santiago.
Co gallo da celebración do 250º aniversario do levantamento do Sitio de Melilla, “un acto moi importante para a cidade”, o titular do Goberno galego participou na sinatura dun acordo entre a cidade autónoma e Galicia para a colocación dunha mouteira do Camiño de Santiago como “símbolo da unión” e “fraternidade” entre os dous pobos.
Así, Melilla adquire a identidade de parada xacobea no itinerario dos peregrinos africanos que cada ano avanzan cara Santiago de Compostela. Neste sentido, Rueda reivindicou a importancia dun “desenvolvemento turístico ordenado” e de “aprender das experiencias turísticas”.
Ademais, o presidente destacou a presenza da “figura de Santiago” na cidade e a existencia de moitos elementos comúns entre Galicia e Melilla, como é “unha identidade moi marcada” e estar abertos ao mundo.
Por último, Rueda tivo ocasión de convidar ao presidente melillense, Juan José Imbroda, a visitar Santiago e sinalou a importancia de manter a maior colaboración posible entre ambas administracións.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado