A Xunta agradece á Fundación Menela por demostrar que unha sociedade máis igualitaria é posible
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022
O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recibiu esta mañá na praza do Obradoiro aos usuarios do centro de día e residencial Castro Navás, do que é titular a Fundación Menela, que realizaron o Camiño de Santiago desde Pontevedra. Durante o acto agradeceu a esta entidade o seu traballa diario por demostrar que unha sociedade máis igualitaria é posible.
Un grupo de 20 mozos e mozas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) participaron neste proxecto denominado Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos e que forma parte do programa O teu Xacobeo. Ademais de realizar varias etapas do camiño, no marco desta iniciativa a Fundación Menela tamén puido contribuír a mellorar a accesibilidade do Camiño mediante a colocación de pictogramas en Concellos, Centros de Saúde ou albergues de peregrinos.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas