A Xunta enxalza "Sabores e saberes no Camiño" como exemplo do potencial turístico da oferta gastrocultural do Camiño
- O Centro Cultural Luis Seoane no concello do Pino acolleu o terceiro “showcooking” programado dentro desta iniciativa de “O Teu Xacobeo”
- A proposta conta cunha axuda autonómica de algo máis de 11.000 euros
O Pino (A Coruña), 29 de abril de 2021
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo alcalde do Pino, Manuel Taboada, participou nunha nova sesión do programa Sabores e saberes no Camiño, impulsada pola Federación de Escolas Familiares Agrarias (EFAs) de Galicia co obxectivo de por en valor a oferta gastrocultural dos concellos do Pino, Arzúa, Palas e Melide e a súas posibilidades como elementos dinamizadores das áreas rurais do Camiño de Santiago.
Enmarcada no programa O Teu Xacobeo co que a Xunta busca diversificar e achegar a celebración do Xacobeo 21-22 a todo o territorio galego, o programa inclúe un total de 9 obradoiros de cociña en directo que se están a celebrar en diferentes puntos do Camiño de Santiago e para os que a Xunta de Galicia destinou unha axuda de algo máis de 11.000 euros.
O Centro Cultural Luis Seone do Pino foi o lugar escollido para celebrar este terceiro showcooking, centrado en poñer en valor a raza autóctona do Galo e a Galiña Piñeira. As irmás Cristina e Cecilia Sanmartín do restaurante Casa San Martín, en Lalín, premio de gastronomía Galo de Curral, foron as encargadas de enxalzar as posibilidades culinarias desta raza autóctona a través de elaboracións como o galo en receita tradicional ou a vieira con chacina de Galo Piñeiro.
O proxecto continuará ao longo do mes de maio con máis demostracións de cociña temáticas que terán lugar en Melide, Palas de Rei e Arzúa.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata