Nava Castro toma posesión como directora de Turismo de Galicia
- O vicepresidente primeiro presidiu o acto, no que destacou a importancia de traballar co sector para que Galicia sexa un destino seguro cun turismo de calidade
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta mañá a toma de posesión da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
O vicepresidente primeiro destacou a importancia de traballar da man do sector co obxectivo de que Galicia siga a ofrecer un turismo de calidade e sexa tamén un destino seguro. Nesa liña, tamén apelou ao Xacobeo 2021 para que sexa un elemento clave na recuperación económica.
Pola súa banda, Nava Castro agradeceu a confianza para seguir a traballar na reformulación das estratexias turísticas e adaptalas á situación derivada da crise sanitaria da covid-19. Do mesmo xeito, asume o reto do Ano Santo para tamén readaptalo ao novo escenario. Na actualidade xa ocupaba o posto de directora de Turismo de Galicia, cargo que vén desempeñando desde o seu nomeamento en 2013.
Outras novas
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado