Sanidade levanta a limitación da mobilidade en todos os concellos do distrito sanitario da Mariña agás Burela
- Con esta medida queda restablecido o tránsito de peregrinos polo Camiño do Norte en Galicia
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou hoxe en rolda de prensa, logo da reunión con expertos do Comité Clínico onde se revisaron as medidas de restrición que estaban en vigor na Mariña lucense como consecuencia do brote da covid-19, que se levanta a limitación da mobilidade en todos os concellos do distrito da Mariña, agás Burela.
Deste xeito, os concellos de Barreiros, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove únense aos de Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada, O Valadouro e O Vicedo, que xa tiñan mobilidade completa dende a pasada semana.
Para o conxunto de concellos do distrito da Mariña seguen vixentes as medidas de prevención de redución de aforos nos bares e centros de ocio ao 50%, o cumprimento dos horarios de apertura e peche de forma escrupulosa, e os límites xerais de 60 persoas para actividades en espazos pechados e 150 ao aire libre, e un máximo para grupos de persoas non convivintes de 10.
As modificacións referidas á mobilidade nos concellos publicaranse hoxe mesmo no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor ás 00.00 horas.
Con esta medida queda restablecido o tránsito de peregrinos polo Camiño do Norte en Galicia.
Outras novas
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’