A Xunta de Galicia pecha todos os establecementos da rede pública de albergues de peregrinos
- A Xunta de Galicia tomou hoxe a decisión de pechar todos os establecementos da rede pública de albergues de peregrinos, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, tras a reunión extraordinaria do Consello da Xunta, da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego. Unha declaración, precisou, que poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar a emerxencia.
Entre as primeiras medidas tomadas está a do peche, ata novo aviso, dos albergues públicos de peregrinos.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés