O director xeral de Políticas Culturais participou hoxe na inauguración da exposición Pensamentos no Camiño
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición Pensamentos no Camiño, que permanecerá aberta na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela ata finais do mes de setembro.
A mostra está composta por pinturas do Camiño Portugués realizadas por artistas chineses coas que amosan unha visión oriental da Ruta Xacobea. O director xeral destacou que esta exposición é unha forma de estreitar lazos co país asiático e coa que promover o Xacobeo 21 no exterior. Cómpre destacar que no ano pasado máis de 1000 chineses percorreron algunha das rutas de peregrinación do Camiño de Santiago.
Outras novas
-
Tue Nov 10 20:00:00 CET 2026
Rueda anima aos brasileiros a vivir a experiencia do Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo 2027
-
Thu Nov 05 09:00:00 CET 2026
A Xunta reúne en Tui a expertos internacionais para analizar o pasado, presente e futuro do Camiño Portugués