O secretario xeral da Emigración acompaña os primeiros 130 mozos beneficiarios do programa Conecta con Galicia no último tramo do Camiño de Santiago
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel Toimil, acompañaron esta tarde os primeiros 130 mozos participantes no Conecta con Galicia no derradeiro tramo do Camiño de Santiago, dos que arredor de 70 son galegos do exterior e o resto, da Galicia territorial. O responsable do departamento autonómico renovou así o seu compromiso cos beneficiarios deste programa do Goberno galego, cos que tivo oportunidade de reunirse nalgúns dos seus países de orixe e cos que xa percorrera o ano pasado parte da última etapa da Vía da Prata. Os 130 mozos de entre 15 e 20 anos que formarán parte desta nova edición de Conecta con Galicia, que chegarán á comunidade en dúas quendas, proceden da Arxentina, O Uruguai, O Brasil, Venezuela e Cuba. O obxectivo desta iniciativa é fomentar os lazos de unión entre os mozos do exterior e os da Galicia territorial, así como coa súa terra de orixe.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño