1/Mar/2018

Nava Castro participa na inauguración da exposición ‘Facendo o camiño’ que percorre varios itinerarios a través da pintura

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración da exposición Facendo o Camiño de Santiago. Ribadeo-Santiago-Fisterra. A mostra, que pode visitarse no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, está composta por pinturas ao óleo dos artistas Irma Loureiro e Joaquín Formoso, que mostran paisaxes de distintos itinerarios xacobeos.

Nava Castro salientou a contribución destes peregrinos-artistas que se suman “á tarefa colectiva e permanente de construír, protexer, revalorizar, manter e divulgar, en definitiva, de facer o Camiño de Santiago desde hai séculos”. Nesta liña, lembrou que a Xunta de Galicia traballa desde hai máis de dous anos para mellorar a ruta en todas as súas dimensións a través do Plan director do Camiño de Santiago, coa vista posta no vindeiro Xacobeo 2021.