Feijóo recoñece na Flor de Santiago un novo símbolo do Xacobeo e propón aproveitar o seu potencial de cara ao ano santo 2021
- Destaca e agradece o traballo da arquitecta e investigadora Ruth Varela por rescatar do esquecemento este exemplar
- Afirma que esta obra abre un novo espazo simbólico para afondar na importancia do efecto xacobeo no mundo e da pegada de Galicia nas distintas culturas
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu hoxe na Flor de Santiago un novo símbolo do Xacobeo e propuxo aproveitar o seu potencial de cara ao ano santo 2021. “Estamos a falar dunha flor que alberga desde a súa mesma esencia a espiritualidade do fenómeno”, aseverou, recordando o seu parecido coa Cruz da Orde de Santiago.
Durante a presentación do libro Flor de Santiago, Feijóo destacou e agradeceu o traballo da arquitecta e investigadora Ruth Varela por rescatar do esquecemento este exemplar. “Polo esforzo que supón tanto tempo de estudo, durante o cal manexou máis de 5.000 fontes documentais en máis de doce idiomas, incluída a lingua indíxena de México, desde onde chegou esta flor a España a principios do século XVII”, abundou.
O responsable do Goberno galego concluíu afirmando que con esta obra, a autora dá a oportunidade de que o fenómeno xacobeo sexa unha experiencia para os cinco sentidos e abre un novo espazo simbólico para afondar na importancia do efecto xacobeo no mundo e da pegada de Galicia nas distintas culturas desde hai séculos.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata