Turismo de Galicia leva a Verona unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago
- A mostra –que xa visitou Turín, Bolonia e Milán- consta de 70 fotografías obra de Tommaso Pini, un peregrino italiano que fotografou distintos aspectos do Camiño na súa viaxe ata Compostela
- Poderá visitarse ata o 31 de marzo na sala Biroli, situada en pleno corazón da cidade
- Con esta exposición preténdese promocionar o Camiño no mercado do norte de Italia, o primeiro país, despois de España, con maior número de peregrinos en 2016
Coa intención de promocionar a Ruta Xacobea no norte de Italia, a sala Biroli, situada en pleno corazón da cidade italiana de Verona, acollerá ata o 31 de marzo unha mostra de fotografías sobre o Camiño de Santiago organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Milán e o Concello de Verona.
A exposición é obra de Tommaso Pini, un peregrino italiano que plasmou coa súa cámara distintos aspectos do Camiño na súa andaina ata Compostela e que se traduce nun total de 70 fotografías, das que 50 son imaxes de retratos de peregrinos e 20 de paisaxes do Camiño de Santiago.
Italia, o mercado internacional con máis peregrinos
Tras o seu paso por Milán, Bolonia e Turín a exposición inaugurouse esta semana en Verona nun acto no que tamén se promocionou a nosa gastronomía ofrecendo produto gastronómico galego a base de patés, conservas, queixos, torta de Santiago ou licores e viños.
Coa exposición de Tommaso Pini, Turismo de Galicia continúa co seu traballo de promoción do Camiño en Italia, un país que pechou o ano 2016 con preto de 24.000 peregrinos, converténdose no primeiro país do mercado internacional con maior número de peregrinos, seguido por Alemaña, Estados Unidos, Portugal e Francia.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés