O xerente do Xacobeo destaca o labor das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago na VI Asemblea da Federación Andaluza
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou hoxe na VI Asemblea da Federación Andaluza de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago celebrada no Puerto de Santa María.
Durante a mesma, se deu conta a socios e invitados da misión que ten encomendada a Federación Andaluza así como os seus fins.
O xerente do Xacobeo aproveitou a ocasión para agradecer o dinamismo que os colectivos xacobeos andaluces posúen na promoción do Camiño de Santiago nesa Comunidade Autónoma.
Neste senso, Rafael Sánchez destacou a súa labor de sinalización dos itinerarios de peregrinación, o seu traballo para dotar as ditas rutas de albergues para a acollida dos peregrinos, o seu de asesoramento aos peregrinos tanto que realizan a ruta xacobea por Andalucía como aos interesados nalgún dos outros itinerarios, así como as innumerables accións de difusión que realizan e que converten aos colectivos xacobeos de Andalucía nun dos grupos máis dinámicos en relación á peregrinación e a cultura xacobea.
Peregrinos procedentes de Andalucía
Por outro lado, resaltou que Andalucía é a segunda Comunidade Autónoma, despois de Madrid que máis peregrinos aportou ao Camiño de Santiago.
Concretamente, o pasado ano 2015 selaron a súa Compostela na Oficina do Peregrino de Santiago un total de 22.877 peregrinos andaluces, o que supón un 8,71% do total.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño