O curso internacional da USC sobre o Camiño de Santiago aborda a hospitalidade da ruta e os últimos estudos xacobeos
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou hoxe na inauguración do curso de verán “IX Leccións Xacobeas Internacionais: a hospitalidade no Camiño de Santiago”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio de Turismo de Galicia.
Durante a súa intervención, Rafael Sánchez subliñou a hospitalidade como elemento referencial da cultura xacobea e o papel do Camiño tanto como expresión de valores coma na construción de Europa.
A actividade desenvólvese en Compostela ata o vindeiro venres, 22 de xullo, e abordará o Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia, a hospitalidade do Camiño de Santiago e os seus albergues e as últimas investigacións xacobeas. Ademais, o venres, para pechar os actos, os asistentes realizarán un treito do Camiño Francés, visitando o patrimonio do contorno da ruta e coñecendo as lendas e os lugares naturais.
Ao longo das xornadas que dura o evento participarán prestixiosos estudosos e profesores de universidade relacionados co Camiño, procedentes de centros e entidades de diversos puntos de España e incluso de países como Portugal ou Italia.
Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia
Este curso está enmarcado nas actividades programadas con motivo do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia, que se iniciou o 8 de decembro de 2015 e se estenderá ata o 20 de novembro de 2016.
Este evento supón un fito histórico para o Camiño de Santiago e para a Comunidade galega xa que, por primeira vez, se abriu a Porta Santa da Catedral nun ano que non era santo.
Por este motivo, dende Turismo de Galicia púxose en marcha unha programación especial que inclúe todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, actuacións de investigación, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.
Durante este período, Galicia ofrecerá diversos congresos e conferencias, ademais de programas culturais e concertos, conferencias, programación musical como “Música no Camiño” ou o ciclo “Cultura no Camiño”.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado