Turismo de Galicia leva a Navarra a exposición fotográfica itinerante ‘Via Iacobitana’
A Casa da Cultura do municipio de Estella–Lizarra (Navarra) acolle, ata o vindeiro 18 de maio, a exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago ‘Via Iacobitana’, organizada polo Xacobeo en colaboración con este municipio navarro e a Asociación Los Amigos del Camiño de Santiago de Estella.
A mostra recolle imaxes de fotógrafos galegos que percorreron a ruta xacobea para amosar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire o Camiño.
Todo este traballo forma parte xa do novo legado iconográfico do Xacobeo, que perpetúa no tempo os instantes do Camiño.
A través destas imaxes, contémplase o Camiño en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes e o legado cultural que atesoura dende a óptica persoal do autor, que lle imprime personalidade.
Así, coas imaxes propostas na mostra evidénciase a multiforme esencia do Camiño de Santiago, o sentido xeneroso e aberto da peregrinación xacobea, así como o seu inesgotable poder de atracción.
A exposición está aberta ao público de martes a venres, en horario de 18:30 a 20:30 horas, os sábados, de 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 20:30 horas, e os domingos e festivos, de 12:00 a 14:00 horas.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés