O xerente do Xacobeo asiste á XXIX Asemblea Xeral da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago
Santiago, 10 de abril de 2016.- O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, asistiu á XXIX Asemblea Xeral da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago que tivo lugar na cidade de Logroño.
A Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago agrupa na actualidade 34 colectivos xacobeos que, espallados por toda España, realizan un amplo labor de promoción da peregrinación, de coidado e sinalización do Camiño, de difusión da cultura xacobea e de acollida e hospitalidade, pois esta Federación, a través dos seus hospitaleiros voluntarios, xestiona 22 albergues de peregrinos e colabora noutros 19.
A colaboración coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago é unha das accións estratéxicas que establece o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado setembro e que establece a folla de ruta da xestión do Camiño de Santiago en Galicia cun horizonte 2021.
Durante a celebración do encontro, o xerente do Xacobeo expresou a importancia dunha acción conxunta entre todos os axentes implicados na xestión do Camiño de Santiago para conservar os valores que identifican e singularizan a peregrinación xacobea e para garantir as necesidades dos peregrinos do século XXI.
Así mesmo, Rafael Sánchez Bargiela transmitiu a gratitude da Xunta de Galicia a María Ángeles Fernández que, ao cumprir o seu segundo mandato como presidenta da Federación Española, deixa o seu cargo.
Neste senso, o xerente do Xacobeo expresou a vontade de continuar co novo equipo directivo da Federación a liña de mutua colaboración que leva existindo dende hai oito anos entre ambas as entidades.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata