Reapertura do albergue do Faramello (Teo), no Camiño Portugués, despois de rematar as obras de rehabilitación
O albergue do Faramello, San Xoán de Calo-Teo, construído entre 1999 e 2000, abre de novo as súas portas tras a finalización das obras de reparación, poñendo á disposición dos peregrinos 28 prazas de aloxamento. Situado na última etapa do Camiño Portugués, estaba xestionado ata o de agora polo concello de Teo, pero tras a súa renuncia, asume de novo a devandita xestión Turismo de Galicia, a través do Xacobeo.
As obras consistiron en reparacións de albanelería, tales como azulexados da zona da cociña, reparación de fugas de auga no teito da planta baixa, pintado de todo o edificio para mellorar a súa imaxe e reparacións menores de alumeado e baños. Así mesmo, reparáronse os termos co obxectivo de adecualos á normativa vixente actual.
O obxectivo era mellorar as instalacións e as condicións de acollida do edificio, para que todos os albergues da rede pública do Camiño de Santiago cumpran uns niveis de calidade axeitados.
A rede de albergues públicos da ruta xacobea suma na actualidade un total de preto de 70 establecementos que ofrecen máis de 3.200 prazas ao longo das distintas rutas xacobeas. Concretamente, no Camiño Portugués sitúanse dez albergues cun total de 431 prazas de aloxamento que rexistraron no pasado ano 2015 un total de 3.500 peregrinos.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas