Crean unha nova Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Croacia
Na reunión do Intergrupo Camiños de Santiago do Parlamento Europeo celebrada o pasado día 6 de febreiro, o eurodeputado croata Davor Stier expuxo a situación do Camiño de Santiago en Croacia.
Davor Stier informou da creación en Croacia dunha Asociación de Amigos do Camiño de Santiago e sinalou a importancia da catedral de Santiago na cidade de Sibenik, declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO. Tamén dixo que en todas as rexións croatas existe unha igrexa de Santiago e aseverou que o número de peregrinos croatas aumenta constantemente.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década