O Camiño de Santiago, premiado como mellor produto de Turismo Activo 2013
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro recolleu esta mañá en Madrid o galardón que distingue ao Camiño de Santiago como mellor produto de Turismo Activo no apartado Nacional de Cultura dos premios que outorga Fitur 2013 e mais a Revista Aire Libre. Trátase da XVIII Edición destes galardóns que distinguen dous subapartados, nacional e internacional e que á súa vez se subdividen en aventura, cultura e natureza.
O Camiño de Santiago foi distinguido na categoría Nacional de Cultura e o xurado valorou aspectos como a presentación, a imaxe, a contribución á recuperación do medio e ao desenvolvemento sostible ou a calidade das infraestruturas. A capacidade de xerar experiencias, de funcionar como foro de intercambio cultural, así como o feito de contribuír á preservación do patrimonio cultural, artístico e arquitectónico asociado á ruta de peregrinación son aspectos valorados á hora de outorgar á Ruta Xacobea esta distinción.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década