28/mai/2013

Peregrina estoniana que camiña 5000 km a Compostela reúnese con deputados europeos

O Intergrupo "Camiños de Santiago" do Parlamento Europeo recibiu en Estrasburgo á peregrina estoniana, Maarika Traat, que relatou a súa peregrinación a pé desde a cidade de Tartu en Estonia até Santiago de Compostela en 2012.

O traxecto percorrido por Maarika Traat durante un seis meses foi de case 5000 km. Cruzou oito países: Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Alemaña, Suíza, Francia e España finalmente. 

A peregrina estoniana apoiou a súa intervención nunha serie de fotografías que tomou ao longo da súa viaxe. Así mesmo contestou as preguntas dos eurodeputados sobre o estado da sinalización do Camiño de Santiago nos distintos países que atravesou, as facilidades de aloxamento, o estado dos albergues, etc.