Santiago de Compostela acollerá o I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
O Festival de Cinema e Televisión Camiño de Santiago, cuxa primeira edición se celebrará na cidade de Santiago de Compostela do 3 ao 7 de xuño de 2013, está organizado por Zinnia Eventos e ten como obxectivo a promoción e difusión do cine español.
As películas participantes deberán realizar a súa inscrición on-line na web do festival www.caminodesantiagofestival.es, debidamente cumprimentada antes do 10 de abril de 2013.
A inscrición constará de:
- 2 DVDs da película
- Un mínimo de tres fotografas en soporte dixital, que poderá acompañarse doutro tipo de material informativo (biofilmografía do director, presskit, pósteres, etcétera).
Outras novas
-
Sun Mar 01 20:00:00 CET 2026
A Sociedade Anónima do Plan Xacobeo galardoada co Premio Servir dos Clubs Rotarios de Galicia
-
Sun Mar 01 11:00:00 CET 2026
Ábrese o prazo para o IX Premio de Investigación da Cátedra do Camiño, apoiada por Turismo de Galicia
-
Fri Feb 20 20:00:00 CET 2026
Xosé Merelles destaca o papel clave da Academia Xacobea na preparación do vindeiro Ano Santo 2027