4/feb/2013

O Camiño de Santiago recibe en Fitur o premio como Mellor Produto de Turismo Activo no apartado de Cultura

O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo, foi galardoado nesta trixésimo terceira edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid como Mellor Produto de Turismo Activo na Área de Cultura. O concurso foi convocado por Fitur e a publicación Aire Libre e os votos emitíronse a través de www.airelibre.com e da web de Fitur.

Para distinguir ao Camiño de Santiago, o xurado valorou aspectos como a idea orixinal, a presentación, a imaxe, a contribución á recuperación do medio e ao desenvolvemento sostible, a calidade das infraestruturas e a comercialización e canles de distribución.

O Camiño de Santiago é a ruta máis antiga e celebrada do mundo occidental. Foi distinguido co galardón ao Mellor Produto de Turismo Activo no eido cultural de entre os outros 16 candidatos nacionais. No concurso participaron un total de 70 produtos, 20 deles no eido internacional e 50 no eido internacional.