Padrón expediralles o diploma aos peregrinos que fagan a Ruta do Mar de Arousa e río Ulla
A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, os 22 concellos que a integran e o Club Náutico de San Vicente do Grove asinaron onte un convenio de colaboración para recoñecer a peregrinación marítima co diploma Traslatio Xacobea, que se lles expedirá aos peregrinos que cubran o percorrido por mar que realizou a barca cos restos do apóstolo Santiago o Maior.
Nesta ruta de peregrinación hai dous puntos de saída, o porto do Grove e o de Ribeira, e un destino, Padrón; os peregrinos deberán seguir este percorrido e para recibiren o diploma terán que facer parada en, polo menos, dous concellos da Ría de Arousa, onde deberán selar a carta náutica que acredita a visita. Para realizar a ruta marítima non haberá límite de tempo, poderase facer nun día ou nun período de tempo máis amplo.
+info: http://www.fundacionxacobea.com