A Xunta de Galicia compromete apoio ao oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, comprometeu durante unha visita en Santiago ao Museo de Terra Santa, o apoio da Xunta ao oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela que está a piques de comezar e que se prolongará ata 2015.
Nese sentido, Feijóo lembrou que os Presupostos Xerais do Estado, “por proposta do Goberno da Xunta”, recoñecen este acontecemento de “excepcional interese público”, o que significa que poderán acollerse a diversos beneficios fiscais todas as organizacións e as empresas que queiran participar. A duración do programa será desde o 1 de xuño do ano 2013 ao 30 de xuño do ano 2015”.
O presidente do Executivo autonómico agradeceu á orde franciscana esa contribución e todas as achegas que teñen feito para que esta cidade e toda Galicia sexan un destino de peregrinación internacional; e animounos a seguir así, aproveitando entre outras oportunidades o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís.