A Xunta de Galicia pon en funcionamento un novo albergue no Camiño Primitivo, na localidade lucense de Castroverde
O próximo luns 17 de setembro, procederase á apertura dun novo albergue para peregrinos no Camiño Primitivo, na localidade lucense de Castroverde. Esta instalación pertence á Rede de Albergues Públicos para Peregrinos da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, que promoveu a obra.
O novo albergue público aporta 34 novas prazas, dúas delas nun dormitorio adaptado para persoas de mobilidade reducida, ás 137 xa existentes nos 5 albergues públicos cos que conta o Camiño Primitivo. Os máis próximos son o de O Cádavo, en Baleira, a 8 quilómetros, e o de Lugo, a 23 quilómetros.