1/ago/2012

O Xacobeo presentou en Padrón unha exposición fotográfica de autores galegos sobre o Camiño de Santiago

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo presentou onte en Padrón a exposición Camiño de Santiago.  Unha biografía en imaxes, que chega agora a territorio español tras estrearse en Lisboa o pasado 18 de xuño.  Trátase dunha nova selección, inédita, de imaxes realizadas no seu día para a exposición itinerante “Olladas no Camiño de Santiago” polos fotógrafos galegos Delmi Álvarez, Fernando Vellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz. 

A exposición está organizada polo Xacobeo xunto co Concello de Padrón e permanecerá no Auditorio do Centro Social desa vila ata o día 7 de agosto.  O horario de visitas é de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas todos os días.