6/xul/2012

A Xunta de Galicia amosa a súa satisfacción ante a recuperación do Códice Calixtino, desaparecido desde o 5 de xullo de 2011

A Xunta de Galicia mostra a súa satisfacción ante a recuperación do Códice Calixtino, manuscrito ilustrado galego que data do século XII e que levaba desaparecido desde o pasado 5 de xullo de 2011. O Goberno Autonómico recoñece o bo labor levado a cabo polo Corpo Nacional de Policía.

O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou persoalmente os seus parabéns ao ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz e compartiu a súa ledicia co arcebispo e o deán da Catedral de Santiago, Julián Barrio e José María Díaz, tras a confirmación da aparición do Codex Calixtinus, obra histórica de referencia para entender o desenvolvemento as orixes da cultura xacobea.

Documento de importancia universal

O Codex Calixtinus é o título que se lle dá ao manuscrito máis antigo, o da Catedral de Santiago, por aparecer nel o papa Calixto II, gran benfeitor do santuario de Compostela, como autor e promotor. Está dividido en cinco libros e una serie de apéndices de extensión e contidos moi diferentes sempre dedicados á exaltación do universo xacobeo. O interese científico internacional polo Liber Sancti Iacobi nace no século XIX cos estudos, os primeiros aparecen na década dos sesenta, e ata día de hoxe, foron moitos os estudosos que se interesaron por esta obra e a súa tradución.