4/mai/2012

Refórzase a sinalización na etapa Villena - Caudete, no Camiño de Santiago do Sueste

Por iniciativa da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago do Sueste – Caudete, e coa a finalidade de axudar ao peregrino, foi reforzada e ampliada a sinalización da etapa que une Villena (Alacante) con Caudete (Albacete) no Camiño de Santiago. Dita ampliación foi colocada de xeito estratéxico e  consistiu tanto en reforzar o camiño con frechas amarelas como en pintar un Panel Informativo e unha cuncha con frecha amarela en fondo azul á saída da veciña localidade de Villena.

Máis información: http://caminosantiagocaudete.blogspot.com.es/2012/05/se-refuerza-la-senalizacion-en-la-etapa.html