O Xacobeo acude á feira “Tur 2012 Goteborg” en Suecia, a máis importante de Escandinavia do sector turístico
A Xunta de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, participa dende hoxe e ata o domingo 25 de marzo na feira turística “TUR 2012 GOTEBORG” que celebra a súa vixésimo novena edición no Swedish Exhibition Center desta cidade sueca. Como ven sendo habitual nas feiras que se celebran no estranxeiro, o Xacobeo acude dentro do stand de Turespaña, aínda que o fai cun mostrador propio para diferenciar o seu produto e ademais das peregrinacións a Santiago divulga toda Galicia como destino turístico.
“TUR GOTEBORG” é a feira de maior relevancia no sector turístico escandinavo, tanto en volume de visitantes e de expositores como de encontros entre profesionais e número de edicións celebradas. Nela exhíbese unha completa mostra de servizos relacionados coa industria turística e da súa importancia dan conta os números da edición do ano anterior, na que recibíronse 44.500 visitantes, 17.800 deles profesionais do sector.
Os peregrinos procedentes de Suecia constitúen un interesante número do total. No ano Santo de 2010 Suecia aportou 1.264 peregrinos, ocupando o 17º lugar entre os países de procedencia, e no pasado ano de 2011 foron 1.262, permanecendo case igual no ranking, na 18ª posición.
+INFO: www.tur.se