O Xacobeo participa na XXXI edición da Feira Vitrina Turística, en Colombia
A Xunta de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, acude á feira Vitrina Turística organizada en Bogotá pola ANATO (Asociación Colombiana de Axencias de Viaxe e Turismo) entre os días 29 de febreiro e 2 de marzo. Esta feira turística celebra a súa XXXI edición e nela participan 700 empresas de 30 países que ocupan unha superficie expositiva de 12.000 m2, en Corferias, Centro Integral de Negocios e Exposicións da capital colombiana.
O Xacobeo acude por segundo ano consecutivo a esta cita dentro do stand de Turespaña e coa Oficina Española de Turismo de Miami, pois precisamente unha das particularidades desta feira é que funciona como punto de encontro de axencias de viaxes e turoperadores do sur de EEUU e dos países latinoamericanos. Estes países están a aportar un bo número de peregrinos ao cómputo total dos que contabiliza a Oficina do Peregrino do Arcebispado de Santiago de Compostela. Mentres que Estados Unidos ocupou tanto no Ano Santo de 2010 como no pasado de 2011 a sexta praza por nacionalidades, con 3.334 e 3.726 peregrinos respectivamente, Brasil, o primeiro país latinoamericano da lista, figurou no 2010 en oitavo lugar con 2.121 e no 2011 no undécimo con 1.983.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas