Adam Cohen ofrecerá este xoves o seu primeiro concerto en Galicia
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá este xoves, 27 de outubro, o concerto de Adam Cohen no marco do Ciclo Galicia Importa. O cantante e compositor, fillo de Leonard Cohen, presentase por primeira vez en España e farao nunha xira con só tres paradas: Madrid, Barcelona e Santiago.
Neste concerto, que comezará ás 21,00 horas e que abrirá o violonchelista Mai Bloomfield, Adam Cohen presentará o seu novo disco, que leva por título "Like a man" e que lanzou o pasado 3 de outubro. As entradas para asistir a esta actuación poden adquirirse través das canles habituais do ciclo: a páxina webwww.servinova.com, o teléfono 902 43 44 43 ou das tendas Discos Elepé en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobello en A Coruña.
Xa en novembro, será a quenda do cantante de soul Aloe Blacc, que actuará o día 6 dese mes na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Este mozo californiano, ao que moitos sinalan como herdeiro de Marvin Gaye, interpretará os temas do seu último disco, titulado Good Things e que o converteu na gran revelación do soul actual.
Dous días despois, o 8 de novembro, o Teatro Rosalía de Castro de A Coruña acollerá o concerto da cantante Bettye Lavette, recoñecida como unha das grandes voces do soul. Compañeira de xeración de Aretha Franklin ou de Diana Ross, nos últimos anos estivo presente nos festivais máis prestixiosos de jazz, blues ou soul, ademais dos seus shows en recintos emblemáticos como o Apollo de Nova York ou o Royal Albert Hall de Londres.
+INFO: www.galiciaimporta.com