Unha exposición conmemorará o XX aniversario do Xacobeo
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo celebrará o seu vinte aniversario coa apertura ao público dun proxecto expositivo a través do que lembrará os fitos máis destacados destas dúas décadas de historia. Esta exposición inaugurarase o vindeiro 7 de outubro e poderá visitarse en Santiago de Compostela, máis concretamente, no mosteiro de San Martiño Pinario.
A mostra é un resumo que integra todos os aspectos relacionados co coidado e promoción dos camiños de Santiago nos que o Xacobeo vén traballando desde a súa creación no ano 1991. O obxectivo deste proxecto expositivo é amosar o papel da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo na posta en valor e na dinamización das diferentes rutas e da cultura xacobea, así como a súa influencia na mellora económica e social nas localidades polas que transcorren os camiños que levan a Santiago.
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, empresa pública dependente da Xunta de Galicia, foi creada no ano 1991 con motivo da celebración do Ano Santo 1993. Entre os seus obxectivos destacan a dotación de servizos para o Camiño, a rede de albergues públicos e a recuperación patrimonial das rutas e elementos arquitectónicos e artísticos.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata