21/abr/2010
Romaría na Guarda
O 23 de setembro celébrase a Romaría de Santa Tegra no Concello da Guarda, moi próximo á fronteira de Portugal. Antón Ferreia, de ANABAM (Asociación Naturista do Baixo Miño), explícanos as distintas tradicións e ritos, non só desta Romaría senón das outras que se celebran ao longo de todo o ano no Monte de Santa Tegra. No vídeo observamos como a xente goza da comida con bo tempo e unhas vistas marabillosas.