O Xacobeo recibe a medalla da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comunidade Valenciana
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comunidade Valenciana entregou á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo a súa medalla en recoñecemento á colaboración que, ao longo dos anos, mantivo esta Sociedade da Xunta de Galicia co colectivo radicado en Valencia.
A medalla foi entregada pola Presidenta da Asociación, María Ángeles Fernández Fernández - tamén presidenta da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago- ao Xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.
Primeiro Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago
Unha das citas congresuais ineludibles para investigadores do fenómeno das peregrinacións celebrárase os días 4, 5 e 6 de xuño en Santiago de Compostela coa finalidade de compartir información e experiencias, unir criterios e expoñer dificultades, intentando formular proxectos en común a beneficio do Camiño de Santiago.
Esta actividade enmárcase dentro dos actos que conmemoran o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, que arrancaron a mediados de 2014 e que se prolongarán ata mediados de 2015. Durante este período, Turismo de Galicia trata de abordar, cunha programación moi especial, o legado iconográfico, artístico e de patrimonio inmaterial do Santo.