10/feb/2015

Inaugúrase o primeiro albergue de peregrinos na cidade de Porto

Acaba de ser inaugurado o primeiro de Albergue de peregrinos na cidade portuguesa de Porto, acto que contou coa participación do Director Xerente da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, Rafael Sánchez Bargiela.  Neste acto participou tamén o Presidente da Asambleia Muncipal de Porto,  Miguel Pereira  Leite, xunto ao cóengo Álvaro Mancilha responsable desta casa. Este albergue está ubicado na Casa Diocesana – Seminario de Vilar en pleno centro da cidade portuense.

Albergue do Peregrino – Nossa Senhora do Rosário de Vilar ten capacidade para acoller comodamente  a 12 peregrinos e supón a primeira instalación para acollida aos peregrinos nesta capital. Coa apertura deste lugar de acollida contribuirase moi positivamente ao dinamismo do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela.

A Casa Diocesana – Seminário de Vilar, está localizado na Rua Arcediago Van Zeller, 50 – 4050-621 Porto (próximo ao Palacio de Cristal).