26/mar/2015

O Pazo de Xelmírez, en Santiago de Compostela, acolle a exposición “San Francisco e o seu tempo"

Dende o día 27 de marzo, unha nova exposición enmarcada na conmemoración do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela pódese ver no Palacio de Xelmírez. Trátase da exposición San Francisco e o seu tempo, unha mostra organizada por Turismo de Galicia que reúne unha escolma de arte dos séculos XIII e XIV.

Dita exposición ilustra a vida de San Francisco e os inicios da orde franciscana nun achegamento ao século XIII no que se desenvolve  no principal expoñente da arquitectura gótica civil en Galicia.

Os contidos da mostra, expresados a través da escultura, pintura, restos arquitectónicos, documentos e ourivería dos séculos XIII e XIV, dialogan cos espazos do Palacio de Xelmírez integrándose así o espazo expositivo como unha peza máis desta exposición.

A mostra conta con grandes pezas da cultura occidental chegadas desde Italia, Francia, Portugal, Castela e León, e Galicia: pintura mural, pintura sobre táboa, escultura en granito, pedra calcaria e madeira policromada, ourivería, documentos, manuscritos medievais, etc. 

A arca-relicario dos Mártires de Marrocos
A arca-relicario dos Mártires de Marrocos é unha das pezas máis significativas da exposición "San Francisco e o seu Tempo". Procedente do Mosteiro de Santa María de Lorvâo, consérvase dende a desamortización no Museo Nacional Machado de Castro.

Esta arca, que constitúe un exemplo de escultura tumular, abre o capítulo da escultura gótica, constituíndo o mais antigo documento iconográfico que testemuña o culto aos cinco mártires franciscanos.