CABO FISTERRA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Fisterra (Santa María)
Lugar: Fisterra
15155 Fisterra - A Coruña
Coordenadas: 42º 52' 56.7" N - 9º 16' 18.4" W
Descrición
Construído en 1853, a 138 metros sobre o nivel do mar. Considerado o cabo do fin do mundo "Finis Terrae". Durante miles de anos pensouse que máis alá del tan só existía unha sima acuosa na que o sol se apagaba cada noite e a través da cal se chegaba a unha rexión de tebras poboada por monstros mariños. É o faro situado máis ao oeste de Europa, cunha torre octogonal, a casa do fareiro e unha praza de homenaxes ofrendada ao xeneral San Martín e á que se denomina, Praza da República Arxentina. É moi probablemente o máis visitado de Europa así como o máis próximo a América. Dise que con días claros se chega a observar a raia de Portugal. É coñecido por todos os navegantes do mundo, pola súa importancia como medio de advertencia da proximidade dunha costa sumamente perigosa (a súa luz chega a alcanzar 65 Km de lonxitude), así como pola fama de traizoeira desta zona marítima. Dende aquí descóbrense impresionantes panorámicas, da infinidade do océano así como da Ría de Corcubión e a costa de Carnota, sobre a que destaca o conxunto granítico dos montes do Pindo.
Acceso
Situación
É o faro máis occidental de Europa.
+ información
Camiños de Santiago
Camiño de Fisterra-Muxía