IGREXA DE SANTIAGO DE BIDOUREDO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Bidouredo (Santiago)
Lugar: Bidouredo
27569 Monterroso - Lugo
Coordenadas: 42º 48' 07.0" N - 7º 51' 20.0" W
Descrición
Igrexa datada na segunda metade do século XII, que se sitúa sobre un castro. A planta é rectangular, con ábsida cadrada. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas augas. O arco triunfal é de medio punto, de aresta viva, que descansa mediante imposta lisa sobre as pilastras e o muro; sobre este hai dúas seteiras con acusado derramamento interior. Na nave hai un banco de pedra corrido. No intradorso consérvase unha inscrición, “Plagio”, que aludiría ao mestre de obra. A portada principal ten unha porta con arco de medio punto con arquivolta interior de baquetón e exterior adoelada, dúas ordes de columnas, capiteis con decoración vexetal e tímpano alintelado sobre mochetas. A fachada está rematada cunha espadana dun só van.
Acceso
En Monterroso coller cara a Palas de Rei. A 1,3 km seguir pola pista á esquerda.
Camiños de Santiago
Camiño Francés