VILA EN COVAS
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Ragón
15594 Ferrol - A Coruña
Coordenadas: 43º 32' 29.9" N - 8º 16' 33.9" W
Descrición
Vila da primeira metade do s. XX, estilo rexionalista. Arquitectura de carácter burgués. Planta rectangular moi alongada. Ten vans cadrados que se dispoñen simetricamente. Fachada principal cunha torre (acabada en pináculo moldeado). Pórtico asoportalado con arcos de medio punto, sobre o que se dispón unha terraza. Cuberta a dúas augas no corpo principal e a catro augas na torre.
Acceso
Desde Ferrol, pola estrada de Covas-Esmelle, hai que continuar uns 9 km ata un indicador que sinala a Covas.
Camiños de Santiago
Camiño Inglés