EDIFICIO DO GRUPO ESCOLAR CURROS ENRIQUEZ
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Maniños (San Salvador)
Lugar: O Pombal
Ronda da Palma
15520 Fene - A Coruña
Coordenadas: 43º 27' 06.9" N - 8º 11' 58.9" W
Descrición
Edificio de estilo colonial, de comezos do século XX (1916), moi propio da arquitectura indiana con fins educativos; é dicir, trátase dunha construción levada a cabo por iniciativa dos emigrantes que foran a América e retornaran á súa terra natal cunha mentalidade altruísta. Na súa planta rectangular desenvólvense dous corpos diferenciados. O rechamante aspecto exterior do edificio invita a entrar neste. Tanto os vans como os elementos ornamentais están pintados de verde. Na fachada destaca un lintel no que figura a denominación e data de construción do edificio. Ampla cuberta a dúas augas.
Acceso
Dende Fene, por a LC-133, en dirección a Mugardos. Pasar Perlío, Barallobre e Maniños. Continuar de fronte ata pasar unha pequena ponte, a man esquerda está o grupo escolar.
Camiños de Santiago
Camiño Inglés