IGREXA DE SANTIAGO DE BARALLOBRE
Localización
Parroquia: Barallobre (Santiago)
Lugar: O Pazo
Rúa Santiago
15528 Fene - A Coruña
Coordenadas: 43º 27' 37.0" N - 8º 10' 56.9" W
Descrición
Igrexa do século XVII, de estilo barroco. Sufriu diversas reformas durante os séculos XIX e XX. Planta rectangular. Con tres naves de diferentes volumes. Fachada principal con dous ocos que permiten a entrada de luz natural ao interior. Fornela de enriba da porta de acceso que contén a imaxe de Santiago Peregrino sentado. A fachada é interrompida na parte alta por unha espadana. Os muros son revogados e pintados, agás a fachada. No seu interior atópanse tres retablos e un coro alto aos pés da nave principal.
Reconstruída en 1818 cando ameazaba ruína. Daquela fixéronse as paredes colaterais, armouse de novo e construíuse o faiado e tamén o púlpito; lastrouse de cantería e ergueuse a espadana coa cruz. A fachada está concibida para chamar a atención dos fieis. A súa situación xeográfica nun alto contribúe a incrementar o efecto sorpresa tan utilizado no barroco.